Que sabes do gran Martín Codax?
14 de Xaneiro de 2009Salvemos a Martín Códax!
14 de Xaneiro de 2009As cantigas de Martín Codax permaneceron durante séculos e séculos nos vellos pergameos ata chegar ata nós. Pero nada é eterno. Os vellos folios esfarélanse en multitude de anaquiños. Axuda ti a recompoñelos!
Alborada Gallega
11 de Xaneiro de 2009Olla! Ata agora estabamos falando das nosas máis vellas cancións: as do conxunto trobadoresco galego-portugués. Mais todo iso finou. Escoita agora unha vellísima gravación de hai cen anos: a Alborada Gallega. Fagamos unha migalla de arqueoloxía musical. Vale a pena coñecermos o noso acervo cultural.
Unha cantiga de amigo para gozar
11 de Xaneiro de 2009Escoita esta marabillosa cantiga do noso acervo medieval
U-los nosos manuscritos medievais?
11 de Xaneiro de 2009A escasa tradición manuscrita referente á literatura galego-portuguesa atópase espallada por diversas bibliotecas europeas e americanas. Mira algunhas nestas fotografías.
Created with Admarket’s flickrSLiDR.
Poeta en New York
11 de Xaneiro de 2009O Pergamiño Vindel comprende as sete cantigas de amigo de Martim Codax. A súa importancia reside en que, en seis delas, reprodúcese a notación musical, feito inédito ata a aparición do Manuscrito Sharrer. Igual que outros manuscritos do noso período áureo, hoxe está custodiado no centro do capitalismo mundial: nos Estados Unidos, en concreto na Pierpont Morgan Library de New York.

Lírica medieval: períodos
11 de Xaneiro de 2009Moutinho na RAG
10 de Xaneiro de 2009A Real Academia Galega ábrese ao sur, a Portugal, coa elección como académico de honra de José Viale Moutinho, que se vén sumar ao británico Rutheford e ao italiano Tavani.
Martin Codax